San Caetano de Celeiro de mariñaos 2008

 

 

‘O Sonoro Maxín’ abre hoxe as festas de San Caetano en Celeiro de Mariñaos

 

O programa dos festejos inclúe, ademais de música, xogos tanto para nenos como para maiores e unha sesión de contacontos

 

Esta noite haberá unha cea e actuará a banda de gaitas ‘Dambara’ de Burela, ‘O Sonoro Maxín’ e o grupo ‘Fénix’

 

 

DELEG ACIÓN

BARREIROS. Volve a imaxinación, volve a festa. Chega ‘O Sonoro Maxín’ para abrir hoxe o San Caetano 2008 en Celeiro de Mariñaos. ‘Reggae’, ‘ska’, rumba, ritmos latinos e sobre todo cumbia cegados dende o ‘caribe’ ourensán ao Celeiro máis tropical para reinventar a verbena do século XXI nunca festa innovadora, pero que segue a conservar o sabor das romarías tradicionais.

Con ‘O Sonoro Maxín’, un dos grupos máis rompedores do panorama musical galego actual, arrincan hoxe, a partir das oito da tarde, nesta parroquia do concello de Barreiros, dous días cheos de música, diversión e actividades.

O programa inclúe para hoxe unha cea a prezos populares e tres actuacións musicais de estilos ben diferentes. A música tradicional galega poraa a banda de gaitas ‘Dambara’, 25 gaiteiros de Burela que se atreven mesmo a versionar temas de música pop como ‘Yesterday’.

Eles achegarán ao San Caetano a música do cabo. Logo, ‘O Sonoro Maxín’ e a súa cumbia ‘mami’, o prato forte da noite. E para que a xente non pare de bailar no campo da festa pecharán a noite as rancheras, o pasodobre e as cancións de Manolo Escobar do grupo ‘Fénix’, o contraste do tradicional son de verbena.

merenda s. Mañá chegará o turno da romaría, as merendas e as tortillas, as verdadeiras protagonistas do segundo día de festa, que tamén inclúe xogos para nenos e maiores, contacontos, música tradicional e pola noite máis verbena.

Dende primeira hora da mañá grupos de familias e amigos comezarán, como é costume, a ir colocando as súas merendas no entorno da capela de San Caetano, do século XVII. Alí non faltará a misa e a sesión vermú antes de que se reparta de balde entre os asistentes á festa a tortilla xigante de máis dun metro de diámetro e 10 centímetros de grosor elaborada polos veciños e para a que son necesarios 35 kilos de pataca, 14 ducias de ovos, 5 kilos de cebolas, 5 quilos de pimentos, touciño e chourizo.

Antes de xantar, e aproveitando a presenza das merendas, terá lugar a décimo terceira edición do Concurso de Tortillas. Este ano haberá premios á de mellor sabor, á máis innovadora, á mellor presentada e á máis grande. Tamén será premiada a merenda máis numerosa.

Pola tarde actuará a agrupación folclórica ‘O Arco da Vella’, de San Miguel de Reinante, haberá xogos tradicionais tanto para menos como para maiores, organizados pola asociación ‘O Varal’, e terá lugar a actuación do contacontos Manolo Panforreteiro co seu espectáculo ‘Cuncantonunpé’ para os máis pequechos. Xa pola noite, a música poñerana neste segundo día de festa os grupos ‘Agua Marina’, cegado de de Viveiro e ‘Dúo Fantasía’, da Coruña. As festas do San Caetano de Celeiro de Mariñaos pecharanse cunha verbena, o xa tradicional baile do farolillo e cunha grande chocolatada.