Benquerencia  

Paginas Emigracion

Casa da Granda


 Gabriel Díaz Otero

De esquerda a dereita: Gabriel, Pedro e Antonio Díaz Otero.

Gabriel Díaz Otero, coñecido como Gabriel da Granda, era o cuarto de cinco irmáns dos cales tres decidiron emigrar a Cuba – Gabriel, Pedro e Antonio-. Foi con tan so 17 anos, no 1922 cando Gabriel tomou a decisión de buscar unha mellor forma de vida no exilio. Imitando o modelo doutros emigrantes, púxose a traballar nunha taberna de venda de ultramarinos, e foi esa a ocupación que o mantivo durante os doce anos que durou a súa estancia no continente americano. No 1934, retornou a Benquerencia e tomou o cargo da labranza familiar; tarefa que alternaba cun posto de conselleiro no Concello de Barreiros, sendo un dos integrantes que formaron parte no último goberno republicano local.

Gabriel, pertenceu durante a súa estancia en Cuba, ó Centro Galego da Habana. A continuación preséntase o documento que acreditaba a asociación ó mesmo; mediante a cal todo socio podía gozar de servicios como a asistencia sanitaria, a cambio dunha cota mensual

:

 

 

Retotono a portada  Paginas de Emigracion

 
Vista actual de Casa da Granda en Benquerencia

 

 © Álvaro Vizoso Vázquez         San Pedro de Benquerencia ( Lugo )