O aniversario de Hijos de San Miguel y Reinante

 

A MARIÑA EN CUBA O pasado sábado celebrouse o centenario de ‘Hijos de San Miguel y Reinante’ na Habana,

entidade que construiu dúas escolas e desenvolveu labores mutualistas, benéficas e recreativas. O seu primeiro

presidente, Narciso Rocha, encabezou o Comité de Sociedades de Instrucción e o Redencionista Antiforal da Habana.

POR: martín fernández.- FOTOS: anxo rial

 

Asistentes á celebración do centenario da sociedade de emigrantes.O pasado día 23 todo o pasado voltou, como unha ola, ás parroquias de San Miguel e de Reinante. Os seus veciños celebraron, por todo o alto, o centenario da constitución na Habana da asociación ‘Hijos de San Miguel y Reinante’.

Honraron ós homes e mulleres que perviven neles e que, ás dúas da tarde do 23 de agosto de 1908, no domicilio de Narciso Fernández, na rúa Luz 90 da Habana, crearon unha sociedade que presideu Narciso Rocha e que construiu dúas escolas e levou a cabo diversas iniciativas sociais, mutualistas, recreativas e benéficas, algunhas delas de grande trascendencia, non só para os seus concidadáns, senón para Galicia.

Os concurrentes á constitución da sociedade foron 26: Narciso Rocha, elexido presidente, Ramón e Benito García (secretario), Enrique, José Ramón, Antonio e Jesús Díaz, Francisco e José Ramón Dorado, Narciso Fernández, Francisco, Antonio, José e Fernando González, José e Ramón García, Marcos Villarino, Narciso Rego, Pedro e Francisco Penabad, Víctor Rocha, Francisco Álvarez, Teolindo Dorado, Antonio Dorrego, Antonio González e Manuel Posada, veciño de Benquerencia que estimulou a creación da nova sociedade. Nesa primeira xunta, a directiva nomeou delegado da entidade en Tampa (Estados Unidos) a Antonio Rico, veciño de San Miguel reemigrado, como outros mariñanos, ás tabaquerías desa localidade da Florida.

 

A Escola de San Miguel de Reinante custou 7.247 pesetas e o peche do recinto exterior, feito por Chaparrín, outras 5.997 (hoxe oficina de turismo) e adyacente á anterior escola, que pasou a albergar as vivendas dos mestres, costou 179 pesetas.

Delegaci ón e xornal. O fin da asociación foi construir dúas escolas de primeira e segunda ensinanza para nenos e nenas en San Miguel e Reinante. Primeiro fíxose a de San Miguel, cun coste 7.247 pesetas e cuxos traballos de peche do recinto exterior foron realizadas polo constructor Narciso López Cordido, Chaparrín, en 5.997 pesetas.

En Reinante xa viña funcionando unha escola elemental donada pola familia do Penelo. O terreo da nova escola, construída nun solar pegado á N-634

 

Para representar á sociedade nas dúas parroquias e facer un seguimento da escola de Reinante, a directiva da entidade na emigración en 1926, entón presidida por Andrés Prieto e formada por Rogelio Obarrio (vicepresidente), Inocencio González (secretario), Benito Rego (vicesecretario), José Ríos (tesoureiro), José Rodríguez Navasado (vicetesoureiro), José Ramón Díaz (contador) e José Rodríguez Capellán (vicecontador), nomeou unha delegación en San Miguel e Reinante. Esta delegación estaba formada por Narciso Ríos, presidente; Antonio Abraido, vicepresidente; Vicente Debén, secretario; Francisco Ríos, vicesecretario; Jesús Díaz, tesoureiro; Esteban Rego, vicetesoureiro; Inocente Maseda, contador; e Santiago Pérez, vicecontador.

As escolas construidas pola asociación de emigrantes editaron un xornal chamado El Eco de San Miguel y Reinante, que dirixía o mestre Manuel Canto, e celebraban no mes de febreiro a Festa do Árbol coa plantación de medio cento de especies. Algúns dos máis relevantes mestres destas escolas, no periodo anterior á Guerra Civil, ademais do citado Manuel Canto, foron Secundino Valcárcel, José Manuel Villamil e José Mourenza.

 

Rocha, un adian tado. O primeiro presidente de ‘Hijos de San Miguel y Reinante’, Narciso Rocha, fundou e presidiu tamén en 1909 o Comité das Sociedades Gallegas de Instrucción. A entidade tiña como fin procurar a instrucción en Galicia e estaba constituida polas sociedades de emigrantes de Benquerencia, Rinlo, Valle de Oro, Liga Santaballesa e San Miguel e Reinante (Lugo); San Adrián e La Devesana, Unión Barcalesa e Aurora de Somozas (A Coruña); e Alianza de Villamarín e Unión de Rubín (A Estrada).

O Comité contaba cunha Secretaría para asesorar sobre a tipoloxía das escolas que as sociedades emigrantes construían en Galicia (máis de 300) e para recabar subvencións. Outro dos seus proxectos era crear compañías anónimas para anticipar ós labregos os cartos precisos para reconstruir ou mellorar as súas casas. O Comité deixou de funcionar en 1936.

A labor de ‘Hijos de San Miguel y Reinante’ non foi só instructiva e pedagóxica, senón que tivo gran trascendencia social coa construcción de singulares casas de indianos, a chegada de novos hábitos sociais e cívicos e, sobre todo, de novas e progresistas ideas.

Neste capítulo, destaca o documento remitido en 1910 ás Cortes españolas polo Comité Redencionista

da Habana, que presidía o seu presidente, Narciso Rocha, solicitando a promulgación dunha lei de redención forzosa dos foros «y demás cargas perpetuas que gravan la propiedad», según di literalmente o escrito remitido.

No documento indican que «múltiples y de diversa índole son las causas que motivan la precaria situación económica y el hondo malestar social que, de antiguo, se advierten en Galicia. Pero ninguna de tan funestas consecuencias ni que origine tan graves daños como la anacrónica subsistencia del foro, que impide el desarrollo de la riqueza agrícola, contribuye poderosamente al mantenimiento del odioso caciquismo y condena al labrador a la pena de la emigración o del hambre, según podemos afirmar por triste y dolorosa experiencia».

 

O Comité Redencionista da Habana adiantouse ós tempos e demandou as Cortes españolas a abolición dos foros

Os foros. Considera o Comité que sólo abolindo os foros «será posible disminuir la excesiva emigración hacia estos países, extraños en verdad, pero que permiten y aún favorecen el desenvolvimiento de energías e iniciativas individuales y sociales que no podrán prosperar en el nuestro, donde siendo esclava la tierra, forzosamente ha de serlo el hombre». Esta demanda foi adiantada ó seu tempo, pois os foros foron abolidos anos despois, na dictadura de Primo de Rivera.

No capítulo benéfico e mutualista, a asociación favoreceu o retorno de socios enfermos, recluidos na Casa de Salud La Benéfica da Habana ou desfavorecidos pola fortuna. Foi o caso de Antonio Fernández Rocha, Carlos Díaz Gallo ou Francisco Rocha Díaz, entre outros. E no apartado recreativo, xornais como Suevia, Cultura Gallega, Para gloria del terruño ou a revista América-Galicia dan boa conta dos festivais ou encontros lúdico recreativos organizados pola entidade.

Outras directivas da asociación, ademais dos anteditos, foron en 1912, a de Francisco Fernández, presidente, e Manuel Prieto, secretario; en 1926, a antedita de Andrés Prieto, que tiña como vocais a Avelio Rego, Antonio Mosquera, Antonio López Iglesias, Antonio Maseda, Benito Bello, Narciso Villarino, Francisco Rocha e Enrique Díaz; e en 1933, a de José Rodríguez Rocha, presidente, e Benito García, José Rodríguez, Domingo Dorado, Antonio Mosquera (tesoureiro), Francisco López, José R. Díaz Gallo e Ramón Andrade.

 

Exposición, charlas e un xantar popular

Os actos organizados pola asociación de Reinante que preside Adela Rodríguez para celebrar o centenario de ‘Hijos de San Miguel y Reinante’ consistiron nunha exposición de documentos sobre a longa historia da entidade, fotos das casas de indianos da comarca ilustradas coa historia de cada unha delas, revistas e xornais da emigración que recollen boa parte da historia da entidade e sendas charlas do abogado Pancho Ledo e do xornalista Martín Fernández. O orfeón lucense ‘Xoán Montes’ puxo brilo a uns actos presididos polo deputado provincial de Cultura, Antonio Veiga, e polo alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, que dixo que «un pobo que honra ós seus antepasados, hónrase a sí mesmo». Ás dúas da tarde, hora da fundación da sociedade, unha sesión de fogos de artificio foi o preámbulo dun xantar popular, seguido dun animado baile.