Benquerencia  

Paginas Emigracion

Casa da Carruza


Generoso Labrada Ramudo

Generoso Labrada Ramudo, da familia da Carruza,  foi outro dos osados veciños  emigrantes. Traballou en Cuba de carpinteiro e albanel. Mentres, a súa esposa, Dolores Ares García, rexentaba xunto ós seus fillos, unha panaderia no Barrionuevo, e posteriormente trasladou o negocio a onde está actualmente. Segundo conta un dos seus descendentes, Generoso cobixaba no seu fogar en Cuba, a algúns dos veciños recén chegados mentres estes non atopaban vivenda e traballo. Tras varias visitas prácticamente fugaces a Galicia, retornou definitivamente a Benquerencia onde permaneceu ata a súa morte.

 Entre a documentación recopilada deste veciño, destaca algo que se podería considerar unha reliquia. En primeiro lugar: o carné de socio do Centro Galego da Habana; e en segundo: o documento de identidade do consello superior de emigración.

CARNÉ DE SOCIO DO “CENTRO GALEGO DA HABANA”:

De esquerda a dereita: Salvador Labrada Ares, Generoso Labrada Ramudo (pai), e Manuel Labrada Ares.

Salvador Labrada Ares

Salvador Labrada Ares, fillo de Generoso da Carruza; decidiu segui-los pasos de seu proxenitor e probar sorte en Cuba.  Emigrou con 15 ou 16 anos aproximadamente, e empregouse nunha bodega de venta de ultramarinos. Ós once anos volveu a Benquerencia, onde morreu anos despois.

Manuel Labrada Ares

Manuel Labrada Ares, foi xunto con Salvador, o outro fillo de Generoso Labrada Ramudo q emigrou a Cuba. Ö igual que o seu irmán, tamén traballou nunha cantina como camarero. Non se casou nunca, e morreu en Cuba.

 

Retotono a portada  Paginas de Emigracion

 

Esta pagina esta solo empezada y para que este terminada del todo, hace falta desarrollar un importante trabajo de campo que encabezado por Manolo de Cadramón y Tamara del Restaurante Rías Altas se esta realizando en Benquerencia con la colaboración inestimable de los vecinos.

Alvaro Vizoso Vazquez

( Administradorr )

 © Álvaro Vizoso Vázquez         San Pedro de Benquerencia ( Lugo )